Vixésimo terceiro mes
A naipela segue avanzando no aspecto físico á súa velocidade e agora salta escalóns e todo. Aprendeu a baixalos sen apoiarse e agora xa os salta. Tamén corre e gústalle facer " ximnasia ". No comer si que non avanza e segue sendo de baixo mantemento. Progresa no falar e faime graza que remata en "i" as verbas que rematan en consoante coma " sol " e " señor " e " oso polar " que son " soi " e " señoi " e " polai ". Tamén usa ese " i " como negación nunha frase: " i guta " ( non me gusta ). Tamén aprende muito español na guardería e así quere correxirme cando falo. Xa lle cambiou o nome ao irmán e xa non é " Lô " e agora é algo entre Lío e Leo.
Etiquetas: xela II
4 comentarios:
Quase 2 anos. Abençoados amigo. Está linda e cada dia mais parecida ao mano.
Um abraço e bom fim de semana
Cando leo a crónica da túa nena, sempre penso nunha primiña que teño, que ten a mesma edade, e paréceme estala vendo... (ela vive na miña aldea, e cando vou agora, sempre vou con ansia de vela! -que pronto se fan os rapaces os donos do noso corazón-)
Está linda, linda, Xela.
E fai nada era unha ratiña na barriga de súa nai. Medran (na casa dos outros) que da gusto
xa lle queda nada para cumplir os dous aniños... e está ben bonita!
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio