leoeosseus

martes, 4 de xuño de 2013

O tren do festival


Nótase a crise por todas partes e na educación non había ser menos. Xa o ano pasado non fixeron o festival das letras galegas e este ano xuntaron o festival das Letras co de fin de curso e así houbo actuacións no cole de Leo de todos os tipos. Dende taekwondo a baile moderno, pasando por patinaxe, inglés, teatro e multideporte.
Este ano polo menos houbo máis galego ca o ano pasado e a Leo e compañeiros tocoulles facer unha coreografía da canción de Andrés Dobarro " O tren " que leva máis de corenta e tres anos circulando por aí, máis vella ca muitos pais deses nenos que a coreografiaron.
Nun comentario da canción pide un comentarista que se lle adique un día das letras galegas a Andrés Dobarro e eu non poñería ningunha chata.
Na foto está Xela cun globo " melo ". Non atendeu muito ao festival que facía calor e estaba chouchiña.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 06/06/13, 10:25 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que linda está a Xela. Que Deus a abençoe e proteja sempre.
Um abraço

 
Ás 06/06/13, 11:02 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois non che conto cómo está a crisis pola nosa comarca... a vindeira semana temos convocada folga xeral comarcal... a crisis do naval é moi forte... non hai contratos, non hai traballo.

biquiños,

 
Ás 10/06/13, 20:47 , Anonymous peke dixo...

En fin! :(
A nena está lindísima. :)

 
Ás 10/06/13, 23:45 , Blogger Paz Zeltia dixo...

míraa... parece unha floriña que saíra do chan...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio