Segundo ano
Hoxe a xoubiña fai dous anos. Que podo contar ?. Que saiu mui espelida e feliz, que xoga con todo e a todo, que fala e conta cousas, que quere ter razón sempre e que é un lorito. Segue comendo baixo mínimos e sálvaa a teta que había de estar aviada se non. Está simpática coas súas frases e agora está con: "Punto y se acabó ", " Tú no, yo sí ", " caca de can ",etc.
Leva un moneco de Elmo pola casa adiante e trátao como a un bebé e dálle de comer: " Come, si ? ", séntao: " Senta, si? "e así todo o tempo. No aspecto físico dicir que lle gusta correr, saltar, subir a alturas e bailar. Entretense con todo e tanto pide tele como pinta todo ou quere un conto ou xogar con puzzles ou pezas de montar.
Pois nada, que temos traballo para un chisco ...e que non falte !.
Etiquetas: xela II
5 comentarios:
Parabéns a Xela. Co lío destas últimas semanas pasóuseme.
Apertas a todos.
Eva, a ver se nos miramos un día.
Temos un detalle mallorquín para vós.
Pois si, parabén para Xela. :)
moitas felicidades atrasadas para a nena!
(miña nai tamén me tivo á teta unha chea de tempo!)
un pouco atrasada pero moitas felicidades para esa pequechiña.
bicos,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio