A trompicóns con agosto
En agosto hai que aproveitar os días como sexa. Anque sexa facendo caravana na Illa de Arousa.
Para evitar a caravana fomos ao porto de Xufre e comemos mexilóns para axudar ao clube de ximnasia. Había cachivaches da festa e Xela quería montar pero á hora da verdade non gastaba a ficha.
E nesta fin de semana quedou a familia por terras de Fisterra e agora quédame a min miralos en fotos. O meu móbil desapareceume pero á fin apareceu nun caixón do piso de alugueiro. Supoño que iso será a tecnoloxía intelixente: quedar de vacacións mentres o dono marcha para traballar.
Etiquetas: viaxes II
3 comentarios:
A alternativa a caravana non foi mala.
O da tecnoloxía intelixente non sei si existirá, pero si así fora os aparellos deberían esconderse de cando en vez para darnos vacacións, porque mira que nos costa a nos apagalos.
Bicos
xa vexo que todos aproveitando o verán!
quedas moi ben coas crianzas (un máis) ;-)
xa levas un mociño grande e unha mociña pequena, os dous crecendo a pasos de xigante, da gusto vervos.
biquiños e a seguir disfrutando do verán.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio