leoeosseus

venres, 30 de agosto de 2013

Dous incisos


Gústame a costa galega pero sempre hai algúns defectos.
En Camelle a casa de Man e o seu entorno desfaise ós poucos sen que ninguén faga nada.
Menos mal que quedan os bloques do peirao para que Leo salte dun a outro.

 

 
 
En Fisterra collemos un barco con vista submariña que resultou ser un fracaso. Só había dous caixóns para mirar debaixo do mar pero non se mirou nada. Loxicamente non se ían acercar os peixes ao barco en marcha pero as dúas paradas que fixo o barco non serviron de nada. Podían explicar algo por megafonía pero estaban coa música de Laura de Fisterra e logo pasaron a outra música atronadora e co disco raiado. Iamos acercarnos á illa Lobeira pero non estaba o tempo para iso así que fomos ata o cabo Fisterra e a praia de Langosteira. Deron de beber Kas de laranxa ou viño Arriero e de picar xoubas, mexilóns e empanada. Nada, que non valeu os doce euros que cobraron por adulto.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 31/08/13, 01:04 , Blogger Alís dixo...

Lástima que non coidemos o que é noso. Ensinar mal algo é peor que non ensinalo.

Unha aperta

 
Ás 31/08/13, 01:16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Uma dupla pena. Que não se trate de recuperar o que disso precisa e que não tenha sido possível ver os peixinhos no fundo do mar.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 01/09/13, 03:54 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah pois se deron de picar inda non foi timo total!
(andades moi mariños!)

 
Ás 02/09/13, 11:34 , Blogger matrioska_verde dixo...

nunca fun a Camelle e mira que me gustaría... calquera día o soluciono.

biquiños,

 
Ás 02/09/13, 21:07 , Anonymous peke dixo...

Púxenme ao día no teu blog. Xela está moi linda, calquera diría que come mal. Leo está feito un mocetón tamén ben xeitoso. Gústame que esteades ben. :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio