leoeosseus

martes, 27 de agosto de 2013

Vixésimo sexto mes ( e máis tres días )


Aquí está a pequena xa hai algúns días. Non teño outra foto dela soa máis actual. É o que ten estar separados bastantes días !.
Ela segue o seu ritmo veloz de avance. Quere facer todo, subir a todas partes, probar a facer o que fan os demáis e pregunta. Iso si, o de comer lévao daquela maneira.
Está reafirmando o seu " eu " preguntando onde está ela e lembrándonos que está ela cando falamos de todos. É garimosa comigo e iso que lle pica a barba. Pregunta pola persoa do grupo que falta e se lle pasa algo a Leo pregúntalle que lle pasa. Cando chega alguén explícalle o que está a pasar co seu " Guai, guachi. Ese ".Tamén quere entrar nos xogos de Leo pero Leo as máis das veces está pechado nos seus xogos e poucas veces a deixa entrar. Iso si, cando xogan xuntos é unha revolución.
Só me queda mandarlle un bico longo de cento sesenta quilómetros para ela, Leo, Naideleo e avoaE que deberon de estar mirando pasar a volta ciclista.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 27/08/13, 21:49 , Anonymous Anónimo dixo...

Está preciosa (e xa comerá, non tema)

 
Ás 27/08/13, 23:15 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Comer comerá daquela maneira, pero esfamiada non se ve.

(Volve axiña, que seica te botan de menos)

 
Ás 31/08/13, 01:01 , Blogger Alís dixo...

Non sei de qué se alimentan estes cativos, pero sin comer casi, non paran. E ganas, forzas e ánimos non lle faltan, non sí? Así teño eu dúas de tres, que comer non comen, pero crecen a unha velocidade de vertixe.
Por certo, está preciosa a túa nena

Bicos, a repartir

 
Ás 01/09/13, 03:56 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pobriño estar soíño sen as meniñas dos teus ollos!
Dame gusto ir vendo medrar a Xela e ao Leo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio