Medos
Xela non é unha nena especialmente medenta pero cando algo non lle gusta remata por dicir " Teno medo " e acabouse.
Onte tiña medo do xigante de ferro que nadaba á beira do edificio da Xunta de Vigo e non se apeou da silla. Tamén hoxe tiña medo da gardería e incluso ten días que ten medo da comida !.
Supoño que tamén tería medo pero de verdade á Santa Compaña moderna que saiu a noite do 30 de agosto se a topa diante.
Agora ata a Santa Compaña se xunta usando a publicidade e as redes sociais !. Non che é como no tempo das Xans !.
Etiquetas: etnografia VI, xela II
4 comentarios:
A Mariana minha neta também é assim. Quando diz que tem medo de qualquer coisa, não há quem a demova de onde está.
Hoje Sexta-feira 13 no Sexta uma história real de bruxas e lobisomens...
Um abraço e bom fim de semana
É que o xigante de ferro algo de medo sí que da. E, se cadra, a Xela a Santa Compaña faríalle gracia. Os nenos non se preocupan aínda por temas de mortos.
Bicos
É un magnífico recurso o de "ter medo". Por iso que dis de que ás veces recurre ao medo á comida, dame a impresión que sabe utilizar moi ben o asunto.
Ah as palabras! escollendo entre tantas ate atopar a axustada...! e vai Xela e cun "teño medo" faise entender tan ben...!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio