leoeosseus

sábado, 28 de setembro de 2013

Sete anos ( e máis un día )


O nécoro hai tempo que deixou de selo para converterse no pirata que nos rouba o corazón.
Sete anos logo se di pero son muitos para vivilos e contalos e así agora este neno deixou de ser o bochechudo dos primeiros anos e pasou a ser un neno que malcome. No cole tamén anda algo disperso e a ver se o encarrila a profe deste curso. En canto a regalos recibiu xoguetes que lle gustaron ( exceptuando un minifutbolín ) e contos de Pupi. Tamén recibiu roupa que tirou polo aire pero que vai poñer, claro está.
Pasouno ben no Mundo Pirata e no día seguinte repartiu gominolas no cole. Bueno, acabaron nenos doutro curso asaltándoo e deixándoo sen elas.
E a seguir coa conta !.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 29/09/13, 10:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois sí, Pedro, a seguir coa conta! Xa para sempre, inda que vaia cumplindo dezaoito, vintenove...
O Leo xa se ve "maior". Un rapás, xa non un "neno"... ai!, como nos medra!

:D

 
Ás 04/10/13, 00:39 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns para os dous, que hai tanto tempo que non paso por aquí que xa me esquecera.
Un día destes retomo o meu blog, que teño un post empezado hai dous meses e non saco tempo. Ben, parte da culpa tamén a ten o Feisbuc.
Apertas a todos.

 
Ás 04/10/13, 08:05 , Blogger Alís dixo...

Qué condenadamente rápidos poden pasar este años!! Está moi grande o Leo, un mozo feito.

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio