Vixésimo sétimo mes
Na foto está a nena que nos rouba o corazón e que pon a andar toda a xente da casa. Segue comendo a trancas e barrancas e é a teta da nai a que lle vale. No do pis no seu sitio lévao así así: hai veces que pide e outras que non e temos verdadeiras luitas para levala ao baño como para vestila ou desvestila. A caca xa o leva perfecto.
É unha nena inquieta que quere facer de todo e facerse notar co seu " Yo tou aquí ". Gústalle pegar pegatinas en contos, xogar con monecos, pintar e mirar a tele. Tamén salta e sobe a todo canto pode co seu " Yo sou lande ". Non vai mui contenta á gardería pero logo non hai quen a saque de alí que ten que percorrer todos os xoguetes e bicicletas no camiño de saída. Mañá será un día especial que lle toca comer alí por primeira vez e a ver que tal. Supoño que sairá contando todo: " Xela no chora. Xela xobou cos nenos. Xela é lande i comeu todo " ou algo así. Tamén ten toques bacilóns cando di cousas no idioma inventado por ela como " cacoi " e demáis palabras que di cando lle preguntas que quere facer.
Ten palabras simpáticas como " cogual " para igual, " búa " para lúa, " totorías " para tonterías, " papanete " para patinete e " cinque " no canto de quince e para ela unha estrela sempre será " tuinco " da canción " Twinkle, twinkle ". Confunde " bajar " con subir e " sacar " con " poñer ".
En fin, non nos aburrimos.
Etiquetas: xela II
3 comentarios:
Ou as miñas (25 meses) están moi atrasadas, ou en dous meses aprenden moito ou Xela está moi espabilada, porque as miñas falan moito menos. Ou tódalas anteriores.
O de comer na gardería pode ser bo para ela. A Alba de pequena axudoulle moito, pois ao ver ós outros nenos anímanse a comer.
Por certo, é preciosa Xela
Un bico
Linda. E decerto mais adiantada que uma menina da sua idade que seja filha única. Uma criança com irmão mais velho desenvolve mais rapidamente.
Um abraço e tudo de bom para vós
non ho! non vos aburrides!.Mimadriña! cando penso en toda esa enerxía fico agotada eu! En fin, por algo se teñen os fillos de novos! :)
Chámame a atención que a nena mame tanto tempo, é estupendo. Non é algo que se vexa a diario. Eu tamén mamei ate os dous anos aprox. según miña nai!. Pero hai 50 anos iso era máis corriente.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio