Esquivando a chuvia
Cando chove non hai como coller os nenos e a merenda, montalos no coche e ir a onde non chove.
E así chegamos a unha praia adornada co colorido das gamelas.
As gamelas dan para montar historias e contalas.
Sempre queda a opción de andar polas rochas ou simplemente tirar area ás olas.
E andando entre elas podemos atopar algún nome curioso de gamela que nos faga sorrir diante dos cabreos diarios.
Etiquetas: natureza VI
3 comentarios:
Qué fermosas lembranzas están atesourando os teus fillos. Felicítote por iso
Bicos
vaia nome tan curioso!
biquiños,
Cantas veces teño eu esa tentanción: marchar para onde non chove!
(O achado do nome, xenial)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio