leoeosseus

venres, 11 de outubro de 2013

Ottobrata


Estamos desfrutando duns días de temperaturas mornas que invitan a facer " ottobratas ". " Ottobrata " en italiano significa comida campestre en outubro. E é verdade; fai caloriña sen chegar ao punto de suar, hai poucos bechos molestos e a luz solar é amable. Así que eu aproveito as tardes para coller os nenos, a moto de xoguete, o " papanete " e a silla de paseo da nena e facemos o paseo do río, o camiño azul que di Leo polos números pintados no chan indicando os tramos cada cen metros. Paramos a merendar e gozamos só con ollar o río. Despóis contamos patos, miramos pasar o tren, descubrimos cores novas de bolboretas e escuitamos grilos e paxariños. Tamén hai tempo para curiosidades como ver peixes pendurados no medio das viñas. Non sei a utilidade, non sei se é para evitar xabaríns ou paxariños. Deixo aquí a foto como curiosidade.
 



Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 11/10/13, 14:20 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Carafio! semella un tabeirón. Eso da ottobrata penso que está moi ben, e o Leo ten cousas de mestre xa. ¿Como vai a Xela?

 
Ás 12/10/13, 00:06 , Blogger Alís dixo...

Qué envexa de paseos!
Iso do peixe pendurado asusta un pouco. Supoño que espantará co mal olor, e así poderá ser efectivo con calquera animal, incluso coas persoas.

Disfruta moito desas ottobratas.
Unha aperta

 
Ás 14/10/13, 14:21 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Penso o mesmo ca tí das outubradas esas! encantame a temperatura, a luz...
pero deixasme pampa co dos peixes colgados...! (á parte de que cheirarán)

 
Ás 18/10/13, 12:28 , Blogger matrioska_verde dixo...

outra cousa ben curiosa, un peixe pendurando dun pau... na miña vida!

biquiños,

 
Ás 26/09/17, 22:14 , Blogger paideleo dixo...

Seica é un sistema antixabaríns.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio