Sereas, dinosaurios e dentes
Esta fin de semana tocou manualidades. O Leo tiña que aprender uns versos sobre unha serea e debuxeille a serea nunhas imaxes para ver se lle era máis doado de aprender. A poesía gustoume pero descoñezo o autor.
Tamén había que preparar un calacú para o Samaín-Halloween que era mui importante e Leo quere gañar que lle dan unha bolsa de lambonadas ao gañador. Fixemos un dinosaurio pero creo que o ten mui difícil mirando como mirei o nivel deste ano.
Pero a gran noticia da fin de semana foi a caída do primeiro dente de Leo. Caiulle a noite do cambio de hora pero o ratiño Pérez non se enteirou e tivo que poñelo debaixo da almofada o día seguinte. De premio recibiu dúas moedas. Agora o Leo quere que lle caian todos os dentes !.
Etiquetas: etnografia VI, leo IX
3 comentarios:
Coa primeira visita do ratiño Pérez éntralles o vicio e queren perder tódolos dentes dunha vez.
Ben xeitosos quedaron o debuxo da serea e o dinosaurio. Alba é máis habilidosa ca min para debuxar e para as manualidades. Menos mal, porque a min dáseme demasiado mal.
Unha aperta
jaja é a única vez na vida que un quere que lle caian os dentes...!
moitas noticias, estades moi entretidos cos nenos!
(a min tamén me gustou o poema, non sei de quen é, mirei algo na rede, pero non teño tempo de pararme.
Atopei as últimas dúas estrofas:
Que nade, que nade
a linda serea,
que teza mil ondas
en cada marea.
Que teza mil ondas,
que enfeixe cantares
para os mariñeiros
que sucan os mares.
Zeltia: mui boa esculca. Mágoa que seguimos sen saber quen será o autor.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio