Vixésimo oitavo mes ( e máis un día )
Que mal pai son !. Despisteime do mesario da nena e case non teño unha foto actual.
Bueno, son cousas que pasan.
Xela vai mui ben. Na gardería semella que come ben e así engordou un chisco que noto que pesa máis cando a levo no colo e estes días son bastantes veces por mor da chuvia. No do pis vai millorando e poucas veces o fai por ela. Gústalle xogar con cousas variadas e imitar o que fai o irmán e se está facendo deberes ela ten que debuxar e se el salta ela non é menos e tamén o fai. Fala bastante e explica todo o que fai e fixo cando entras pola porta co seu chapurreado galego-español. O difícil é vestila que non quere roupa nin calzado e hai verdadeiras luitas para poder vestila.
E así vai indo.
Etiquetas: xela II
4 comentarios:
E lembráchesme que eu tamén esquecín o mesario das mellizas (e pasaron sete días, o que me convirte en peor nai que ti pai).
Da gusto ver cómo van aprendendo tantas cousas.
Xela está preciosa
Bicos
Cada día está mais moza a Xeliña.Da carraxe vela do guiapiña que está.
Apertas-
Nesta casa houbo verdadeiros dramas á hora de vestirse. Nunca lle era nin a prenda acaída; nin pola cor, textura, forma ou xeito. Será que deberíamos ir nús?
Apertas
pois se así vai indo... vai ben!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio