Vixésimo noveno mes ( e mais un día )
O tempo segue o seu camiño e a nena fai vintenove meses. Segue sendo a chica activa da casa cos seus momentos de xenio e carácter. Estamos contentos en como evoluciona coa comida. Fala bastante e pregunta se estamos contentos a cada pouco. Gústalle pintar, fuchicar en todo, repetir e que lle repitan, saír da casa ( anque ela confunde con quedar ) e mandaricar. Sabe nomes de compañeiros da guardería e recoñece algúns pais e cada vez se leva millor coas súas mamás do cole que é como chama ás profesoras. É atrevida e un punto inconformista.
No asunto de pedir necesidades estamos con dous pasos para adiante e un para atrás porque tanto pide todo o día como hai días que se lle escapa ata catro veces o pis.
No falar progresa e coñece números e algunha letra e a letra "x" para ela é a letra de Xela. Confunde os xéneros masculino co feminino e case todo é feminino. Ten algunha palabra simpática como " mouto " para dicir monstruo e " arragar " para agarrar.
E aí está !.
Etiquetas: xela III
5 comentarios:
Promete esta nena. Gústame o carácter que describes. É unha boa semente para chegar a gran muller. E, aínda por riba, é fermosa. Has de andar babeando, seguro.
Unha aperta
Que feliz se lle ve!
Non cansarei de dicirvos que disfrutedes desta marabillosa etapa.
e sigue medrando cada día mais fermosa.
biquiños,
e tanto que aí está! impoñéndose, buscando xa o seu lugar no mundo...!
(é tan linda...!)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio