leoeosseus

Thursday, 9 January 2014

Misterio grande



Hoxe pasoume unha cousa misteriosa no choio. De crer nas bruxas pensaría que foi cousa dunha. Resulta que apareceu un periódico vello nun estante que emprego eu no traballo. Fixeime e coñecía a portada. O periódico era do 19 de agosto de 2012 e recoñecino porque eu conservo un exemplar desa data. Era o periódico que incluía a esquela de meu pai. Xa sei que todo é unha casualidade pero pasei o resto do día con medo de que me pasase algo. Agora estou na casa e supoño que estou a salvo...e que o demo sexa xordo.

Labels:

5 Comments:

At 09/01/2014, 22:42 , Blogger Xabres da Teixeira said...

Se eo fose crente, diriate que le reces un pai noso. Polo menos sirve pra recordo o periodico ese.

 
At 10/01/2014, 01:34 , Blogger Alís said...

Se cadra, si non tiveras ese medo e a precaución que leva consigo, teríache pasado algo.
O que está claro é que tiveches presente ó teu pai, e seguramente el quería estar contigo ese día.

Unha aperta

 
At 11/01/2014, 20:58 , Anonymous peke said...

Cousas máis raras pasan sen que indiquen perigo.

 
At 17/01/2014, 01:40 , Blogger Zeltia said...

omo xa lin os outros apuntamentos do blog, xa sei que o do periodico foi casualidade.
inda hai pouco do pasamento do teu pai...un bico.

 
At 20/01/2014, 00:14 , Blogger abuelacris said...

Curioso

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home