Catalego
Co este tempo pouco se pode mover un; levar os nenos a estudar, ir e volver do choio para casa, aventurar algunha paseata con medo a que chova e aprovisionarse coa inevitable visita ao supermercado. E así nese lugar puiden estrear a cámara do móbil retratando un exemplo dunha curiosidade lingüística que é o " catalego ". Este catalego non é un " catalejo " con gueada senón unha mistura de catalán con galego, un novo idioma propio de supermercados que ten como finalidade facer propaganda dos seus produtos co ese impacto visual de mistura de linguas, negritas e número de toneladas.
Pois nada, longa vida a ese novo idioma !.
Etiquetas: lingua VIII
3 comentarios:
Debe ser un claro exemplo diso que se chama lingua viva, non sí?
Unha aperta
A min chamáronme a atención no Gadis por andar fotografiando mercadorías. Se lle chego a chiscar á caixeira...fusílanme contra os estantes de chocolate!
temos telefono novo, eh? :)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio