Diversión
Hai que se divertir e así entramos nunha comparsa para o entruido. No xantar do sábado coñecémonos un pouco máis e buscamos unha infiltrada no concello para que nos dese ideas para as coplas pero dixo que alí dentro non pasaba nada, que traballaban. Nos cafés tocou votación polo disfraz e das catorce ideas quedamos coa de ser piratas, unha Lumeirada de piratas.
E hoxe domingo fomos mirar un musical do Circo de la Magia e Xela desfrutou coma nunca coa música e as personaxes e ata se ofrecía vontaria para baixar ao esceario.
Así que xa sabes: se chove divírtete a cuberto !.
Etiquetas: curiosidades XI, etnografia VI
4 comentarios:
así me gusta, ter ilusión por apuntarse a cousas e promover o divertimento entre a veciñanza.
Que sería dos pobos e vilas sen xente con humor!
Xa tedeis unha idea pras cantigas: ¡Hai un concello, nalgueres, onde os que alí están traballan!
Coido que pode ser un bon titular, pra prensa.
Divertirse a moi sano.
Con tanta antelación, daravos tempo a preparar os disfraces
Así me gusta! Xa estamos na mesma asociación: eu na parte musical e vós no Entruido.
Parabéns pola decisión; seguro que o ides pasar moi ben e nós tamén mirándovos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio