leoeosseus

martes, 18 de febreiro de 2014

Probando a neve




Pois si, este domingo pasado por fin fomos á neve. Leo quería ir dende o Nadal: a presión da tele e os contos coas imaxes brancas era demasiada. Despois de xantarmos en Arbo collemos o coche, cruzamos a fronteira e alá fomos por unha estrada chea de curvas dirección Castro Laboreiro pero na entrada de Lamas de Mouro na serra da Peneda xa nos desviamos para subir a onde hai muiños de electricidade. Baixamos do coche, puxemos algo de roupa e alá empezaron as batallas de neve porque eramos un grupo xeitoso de nove: cinco adultos e catro nenos. Xela montou un anaco no trineo pero quixo andar pola neve. Leo non quería batallar coa neve pero logo xa se animou e a curmá empezou a subir aquel monte para chegar ao cume. Xela tamén quixo subir pero no meu colo e hai que ver o que pesa a nena costa arriba. O avóM pasouno case que diría eu millor ca ninguén: primeiro botou a batalla de bólas de neve e logo púxose a facer unha bóla grande de neve que é a que sae con Leo.
E así pasamos a tarde. De lembranza montamos o típico moneco no coche pero polo camiño adelgazoulle o pescozo e rematou por lle caír a cabeza antes de pasar a fronteira.


 


Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 19/02/14, 18:11 , Blogger Concha L. F. dixo...

Mimadriña! Canto medraron! Vaia par!
Alégrome de velos tan felices.

Bicos.

 
Ás 19/02/14, 20:45 , Anonymous peke dixo...

Iso mesmo ía dicir eu: que medrados están, sobre todo Leo. Aínda lembro as lorzas que tiña de bebé. ;)

 
Ás 19/02/14, 22:26 , Blogger Alís dixo...

Pobre moneco. Claro que dentro do coche ía perder a cabeza moito antes.

Da gusto contaxiarse da ledicia dos nenos na neve.

Unha aperta

 
Ás 20/02/14, 09:14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A nena non se acordará, pero ao Leo halle quedar para sempre este recordo. Felices recordos para acompañar toda a vida.

Semella un día fermoso. Non só o Leo está influenciado polas imaxes brancas.

 
Ás 20/02/14, 15:40 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Xa son mozos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio