Entre soplos
Onte tocoume soplar candeas de aniversario no xantar e tamén soplei viño e sidra. Pola tarde volvemos a Vilaguindastre para mirar a actuación de Pablo Díaz na que cantou cancións de Tic Tac e Toc Toc. Saímos da actuación e fomos merendar a unha cafetería e eu bebín unha cervexa. Volvendo a casa tocoume soplar outra vez pero no alcolímetro da Garda Civil. -" Buenas tardes. Permiso de conducir ". Deillo e despois preguntoume o axente: "¿ Ha bebido alcohol ?". " Acabo de beber una cerveza ", respondín. "¿ Sólo una ?". " Si ". " Pues a ver cuanto da una cerveza ", con retintín. Así que soplei e non lle quedou máis remedio de mandarme circular. Menos mal que non soplei despois de xantar !.
Etiquetas: curiosidades XI
6 comentarios:
Eche o que hai amigo!
Pues a ver cuánto da una cerveza... jajajaja, iso mismo estaba pensando eu despois do teu relato do xantar, jajajaja. Menos mal que pasara.
Así que de aniversario. ¡¡Parabéns!!
Hoxe vai un bico
Eu non sei que teñen eses homes contra a cervexa. Se eles parecen vendedores de Heineken, carallo!!!
He, he. Sorte tiveches. Ao meu cuñado (que traballa nunha plataforma petrolífera e só vén á terra cada vinte e un días) sopráronlle 200 euros e non sei cantos puntos de carné unha noite que foi cear coa muller. Cousas veredes.
oes, iso de "a ver cuanto da una cervecita" pasoume a min cun "a ver en que dan esas dos copas de vino"
e deron en nada, menos mal.
parabéns polo cumple!
Isto lémbrame unha anécdota: A Garda Civil parou a un tipo e dille: "Boas tardes, ¿permiso para conducir?. E dille o tipo: "si, home si, conduza, home, conduza!"
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio