Mal sabor de boca
Cando fixen esta foto o neno empezaba a meterse co mimo. O rapaz estaba a comer pipas e comezou a cuspirlle as cascas. O mimo aguantou pero acabou por desfacerse de parte do disfraz e sentarse a fumar un cigarro para tranquilizarse e o rapaz rematou marchando.
Eu hoxe non fun tan subtil. Estaba no vestiario da piscina axudando a Leo a vestirse e estaba un neno mangallón máis alto ca min duns catorce anos meténdose cun de sete anos. Andaba a chinchalo, a collerlle a cara, incordiando máis e máis e rebentei. Fun onda o mangallón e díxenlle que o neno non era un moneco e que a ver se se atrevía comigo e mandeino para a outra punta do vestiario. O mangallón obedeceume supoño que pola idade e a barba que estou deixando de pirata. Rematei nervoso e con mal sabor de boca pero é que non aturo os abusos.
Para a semana que vén terei que desculparme.
Etiquetas: curiosidades XI
2 comentarios:
Non creo eu que debas de disculparte por darlle unha lección a un rapaz que é evidente que a necesitaba. Eu tampouco aguanto ós abusóns e os maleducados e non sei quedar calada cando os vexo.
Unha aperta
pois eu sinto necesidade de darche as grazas, non sei moi ben por qué, pero así é.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio