leoeosseus

sábado, 19 de abril de 2014

Marcelle

 
 
Hoxe decidimos ir a Marcelle cos nenos e o curmán F. O asunto empezou mal cando quedou o coche atorado nun rego que cruzaba o aparcamento. Intentamos sacalo de alí puxando e ata axudou unha parella da Garda Civil pero nin poñendo cheo de lama a un garda conseguimos sacalo de alí. Á tarde enganchamos o coche cun tractor do zoo e saiu sen máis problema.
 


Hoxe eramos unha marabunta de xente. Para quitar as entradas fixemos unha cola de media hora. Logo para ir ao baño, pedir algo de beber ou mesmo sacar algo das máquinas expendedoras había que facer cola. Houbo agotamento dos produtos e todo. Quedou sobrepasada a organización do zoo.



Pero non todo ten que ser malo. Máis tarde marchou a calor abafante e puidemos admirar o zoo que está ben organizado e coidado. Ten muitas zonas de descanso, esculturas de madeira e ata teñen un hórreo da zona leste de Lugo.




Houbo unha tribu de sioux con disfraces de xoguetería que facían o indio e máis nada.



Pero o millor son os animais que estaban ben coidados e nun entorno bastante bo para eles.

Pois nada, outro lugar máis que coñecemos da terriña.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 23/04/14, 10:20 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Outra das cousas boas de ter nenos, e que un pode volverse coma eles nalgunhas actividades e excursións que, se non, non faría.

o balbordo da xente que descrebes, bótame para atrás, pero se non, xa me imaxino canto gozaría eu nun bosque coma ese.

 
Ás 23/04/14, 14:43 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Depois de mais uma grave crise de saúde estou de volta visitando os amigos. Um abraço

 
Ás 24/04/14, 20:41 , Blogger Raposo dixo...

Pois non sabía eu dese sitio. Parece interesante

 
Ás 25/04/14, 21:05 , Blogger Alís dixo...

Alégrame saber que os animais teñen un bo espacio para eles. Sempre me gustou ir ó zoo porque me da a posibilidade de coñecer animais que doutro xeito nunca vería, pero danme pena, porque están encarcelados.
¿Qué máis habían de facer uns sioux máis que o indio? ;-)

Unha aperta

 
Ás 26/04/14, 18:28 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Parece o tempo dos problemas cos coches. Eu tamén tive. A fin cambie de burro.

 
Ás 14/05/14, 19:52 , Anonymous Jc dixo...

Por un asunto similar pasé yo y nada mejor que un tractor. Ni se le resiste el barro, ni se le resiste nada, tiran del coche como quien mueve el triciclo del niño:

http://www.vamosacantabria.com/una-situacion-embarrazosa/

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio