Zurdos famosos
O Leo tivo hoxe un arrebato de tristura por ser zurdo. El quere ser como a maioría e cre que ser zurdo é mala sorte. Eu díxenlle que ser zurdo é como ter ollos verdes ou azuis e que ser máis cantidade non é bo necesariamente porque hai máis pobres ca ricos. Para consolalo busquei en Google zurdos famosos e sorprendinme eu tamén. A Leo o que lle chamou a atención foi Charles Chaplin e entón puxémonos a mirar varios vídeos ata que o neno foi a cama canso pero contento.
A ver se somos capaces de resolver todos os problemas dos fillos de maneira tan doada.
A imaxe tireina de Taringa .
Etiquetas: leo IX
6 comentarios:
Eu tamén fun zurdo. Zurdo na miña época era case ser ateo. Traballei, obligado, a man direita.Agora son direito, mais nalgúnhas cousas fago uso mellor da esquerda. Sen chegar a ser ambidestro, teño vantaxe sobre algúns colegas. Dile que ser zurdo e tan bo como direito, e sé se traballan as mans, podese sacar rendemento das mesmas. Non sei se me espliquei ben, pero ser zurdo está moi ben.
Dous de tres fillos meus saíron zurdos. Penso que isto
é herdado.
Está ben explicarlle ao neno que non por seres moitos iso teña que semellar ser bo. E coma di, Xabres, se cadra aínda teñen ventaxas.
Unha aperta.
Nunca comprendín na nenez (e xa choveu o seu) que intentasen corrixir a tendencia dos nenos zurdos (ou manichos) a escribir coa esquerda. Claro que falo de hai 50 anos, cando a esquerda era sinónimo de pecado ou case. Resúltame curioso que Leo se sinta mal por ser manicho. Dille o que queiras, pero faille entender que iso non é malo, que depende do noso funcionamento cerebral. En fin, dille o que vexas, que para iso es pai.
Mira tí que cousas lles preocupan aos cativos...! Quedame a nenez tan lonxe que me esquece o mundo complicado e as veces moi padecido da infancia. Os problemas son ás veces grandes de máis!
Pero aí estiveches moi atinado na resolución. Parabéns.
Está máis que probado que ser maioría non é garantía de ter a razón, de ser máis listo nin máis atinado.
Moi bos os teus argumentos. Agora só falta que os fabricantes de obxectos cotiáns tamén entendan que ser zurdo é normal, que hai moitos máis do que se pensa e que precisan obxectos adaptados para eles.
Unha aperta
Quen fora zurdo! Dille que dí un rapaz d'acedre ;)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio