E dalle que dalle
Con solpores que Xela non admira ao quedar durmida.
Nese intre da noitiña asomaba a dona das noites e as mareas que nos deixaba case sen praia estes días.
Imos coñecendo os recantos como este do Montiño que ten boas vistas e non está edificado senón dominado por un eucalipto vello.
A min dábame na espiña que tiña algo de especial e sagrado este sitio e non só polos lucecocos que son tan raros de mirar na actualidade.
E topei unha pedra enigmática.
Como tamén ten o seu aquel a pedra do dinosaurio que Xela quería mirar pasar.
Agora toca esperar que volva o tempo de verán para seguir coñecendo cousas e xente como o estranxeiro leitor que bota todo o día nas rochas lendo cos seus dous canciños inseparables.
Entón ata outra.
Etiquetas: viaxes III
4 comentarios:
Precioso post, igual có anterior. Reconforta saber que gozades da vida. Do importante da vida. :)
Boas férias amigo. Imagino que para Xela tudo seja motivo de descoberta.
Um abraço e bom Domingo.
Pero que fotos abraiantes...!
Vésevos con moita enerxía a todos vós, sempre dun lado para outro. E, polo menos tí, sempre cos ollos preparados para descubrir rarezas e, sobre todo, a beleza.
Que sigas a disfrutar do verán, e desta maravillosa etapa da vida.
(Quen non parece levar unha mala xubilación é o home dos cans e a lectura)
Esa pedra coa inscrición "Coto d'Aldao"... seica andabas polo Morrazo ;) Penso que son marcos das antigas terras do Conde de Aldán.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio