Trixésimo oitavo mes
E a nena segue medrando con pouca cousa comida a destempo despois de teimar co ela. Ten carácter forte e caprichoso pero ten momentos gloriosos de ledicia e cariño que compensan os malos momentos que nos fai pasar. É áxil e atrevida e tamén forte e solta calor día e noite. Esta semana picáronlle dúas vespras ( muitas hai este ano ) e chorou pero case non lle afectou.
No falar está co descontrol de " ayer " que lle vale para todo o pasado anque agora inclúe nese descontrol " martes " e " viernes ". É un chisco zarabeta e outra curiosidade que di é " descués " e " no cuedo " no canto de " después " e " no puedo ". Forma frases longas que rematan por onde empezan e pregunta bastantes cousas. Gústalle cantar e aprendeu anacos longos de cancións de " Xiqui, xoque ".
O pis e a caca lévaos ben esta semana e que o demo sexa xordo. De noite usa cueiro e ás veces pide teta pero cada vez menos.
E así vai.
Etiquetas: xela III
5 comentarios:
E vai muito bem. Cada criança tem o seu tempo, nem todas avançam com o mesmo ritmo, mas para uma criança com pouco mais de 3 anos está ótima.
O meu Pedro dizia adenota e cabalhau em vez de anedota e bacalhau. E disse-o até aos 5 anos. No resto falava corretamente mas essas duas palavras saíam sempre trocadas.
Um abraço e uma boa semana
E que neno ou nena nesa edade non ten caprichos e se enrabieta?
é unha princesiña de conto, que das outras non precisamos máis :(
Medra linda e alegre, como convén. E o da fala tempo haberá a que se corrixa, que seguro que practica sen parar cos seus contos e cancións.
Como di Zeltia: unha princesiña de conto.
Está a crescer linda!
O tempo encarrega-se de melhorar tudo.
Um abraço.
E logo eu non dixen nada aquí?. Quedaríase namais en intención.
Non vos preocupedes moito polo de que sexa un chisco zarabetiña. Mariano é zarabeto total e mira a onde chegou...
(Tomo nota da expresión "e que o demo sexa xordo")
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio