leoeosseus

mércores, 27 de agosto de 2014

Verano azul

Chove miudiño pero chove e isto non semella agosto para nada e case me fai esquecer a semana pasada cos seus días de bo tempo e viaxes.
Empezamos topando sitio nun camping de Portonovo que tiña solpores así.


Tamén tiña a praia co seu chiringuito que resultou un desastre cos seus prezos, esa pizza de conxelador e esa tapa de polbo salgado sen palillos nin garfos. Tamén tiña unhas tumbonas e unhas pedaletas de alugueiro de prezo acordo co chiringuito e un mal momento que nos fixo pasar a pedaleta que non andaba nin para atrás e que o mar un pouco picado impedía controlala.
 


Boa foi a viaxe que fixemos a Sálvora. Fomos ao faro, miramos penedos de formas curiosas como este que semella o Xabarín e soubemos da historia das heroínas de Sálvora que rescataron un feixe de persoas na maior traxedia marítima de España.

 


No camiño á aldea topamos a fonte de Santa Catarina que apareceu na illa cruzando o mar por un túnel dende Ribeira.
Na aldea abandonada fotografei o tractor de ollos tristes que xa non ten ollos e detalles que nos fan imaxinar como era a vida na illa hai máis de corenta anos.

 


Logo despedímonos desa illa case paradisiaca e da serea que vixía o mar.

 


 


No Grove demos un paseo para admirar o feixe de estatuas que xorden aquí e alá pero eu quedo coa fonte dos cabaliños de mar.

 


 


De recollida paramos en Portonovo onde un camiño de pegadas pintadas no chan nos levou a un mercadiño artesán.
Facía calor e fomos buscar un parque onde había un cruceiro coa Virxe María cun pau batendo nun animal.




















Ocorréusenos parar a xantar en Combarro e non foi boa idea. Xantamos nun sitio con boa sombra pero Graciela a cociñeira deunos de comer polbo e chipiróns salgados, pan ruin e café frío de Melitta a prezo de gourmet. Non me extraña que o sitio teña o nome Chill Out: chilla ben alto quen vai alí.
 



Notei Combarro mui cambiado e cheo de tendas de souvenirs e viños caseiros e restaurantes que case non deixan admirar o bonito desta aldea.

 


Iso si, había unha serea que ata daba mágoa que tivese rabo de peixe.

 


E agora os nenos seguen de vacacións pero eu non e teremos que volver ao ritmo do resto do ano.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 29/08/14, 19:50 , Blogger mfc dixo...

Lindas fotos de um Verão que este ano pasou desapercebido.

Um abraço.

 
Ás 01/09/14, 13:35 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que belas viagens fez o amigo. Este Verão eu só fui um dia à Praia e nada mais. O marido fez duas cirurgias aos olhos teve que que proteger da luz, logo este ano não houve férias nem viagens.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 01/09/14, 15:20 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que ben, cantas cousas lindas! (Non imos deixar que nos arruíne o día, pagar a comida coma se fosemos guiris con pel de camarón, inda que é certo que cabrea moito)

Esa "Virxe de Bastos" tamén a vin eu nun cruceiro de Combarro, me parece. Chamoume moito a atención o pau, sobre todo porque non se distinguía ben para que o quería...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio