Oito anos ( e máis un día )
E o Leo soprou a candea onte na casa da avoaE e hoxe en Arbo e mañá tócalle cos amigos no Mundo Pirata do ano pasado. De momento recibiu uns walki-talkies, un cómic de Mafalda ( a boa vendedora dixo que era para nenos ), unhas camisolas, uns Playmobil, un xogo de Súper Mario para a Wii, un calendario do Diario de Greg, un libro e unhas libretas e un feixe de bolis para enchelas.
Comparando co ano pasado estamos contentos pola progresión que ten no cole. Agora queda o traballo de facer amizades que é un asunto difícil no caso de Leo pero xa se andará.
Etiquetas: leo X
6 comentarios:
E o principezinho está bem crescidinho. E porque é que é difícil ele fazer amizade?
Os meus parabéns para ele e um abraço para vós.
8 anazos! Como pasa o tempo! E que ben lle sentan.
Unha aperta!
miro a foto do ano pasado e véxolle cambios na cara. Repito: canto nos medra!
Alégrome contigo por ser san e listo, e vexo que no cole lle vai mellor.
Felicidades para Leo!
Parabens amigo Leo. Xa estamos de novo inmersos na rutina.
Vexo que os regalos non fallan.
Carajo! oito anos xa!.
Apertas.
Mira ti o tempo que pasou!!!
Rompín o pulso esquerdo e tiven un verán un pouco amolado. Operarn a miña nai, pillei un mal rollo estomacal e de propina o pulso. Actualizarei en canto poida escribir coas dúas mans. Bicos.
Tempus fugit.
Vaia morea de agasallos. A ver se vai ser verdade o que anda pregoando Mr Rajoy...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio