Por ese Portugal
O día empezaba mal: chovía camiño de Porto. En Viana do Castelo pasei o posto de pagamento da autovía e tiven que dar outra volta para volver pasar por alí. Xa chegará a multa e a ver como sae o conto. No Ikea queriamos deixar os nenos no parque infantil pero estaba completo, logo decidimos comer e pousei a bolsa da merenda e alá quedou ( váiseme a cabeciña e esquezo onde pouso as cousas ). Fun buscala ao posto de información e pedinlle o " peto máxico " da merenda e a rapaza deumo sen inmutarse. Despois Xela quedou no parque de bolas pero despois tivemos que sacala. No coche buscamos sitio para as cousas e ao final safamos cos dous coches.
Na volta paramos en Vila do Conde e collemos a caravana que volvía da praia a contracorrente. Os nenos xogaron nun parque de carabela que estaba á beira da carabela da foto. Pero logo tocou marchar que Xela tiña febre e quería durmir.
Bueno, unha viaxiña como outra calquera.
Etiquetas: viaxes III
2 comentarios:
Primeiro, espero que a febre de Xela já tenha passado. Depois , foi uma viagem muito interessante. Meteu caravelas e tudo. Rsrsrsrs.
Um abraço e uma boa semana
seguroq ue Xela xa está rabecha outra vez.
fixéchesme rir con esta maneira de contar que utilizaches neste post:
lembráchesme cando o meu fillo facía as redaccións de rapaz: con moita presa por rematar.
unha viaxe na que se ven pequenos contratempos, que non parece que gozaras especialmente, inda que seguro que houbo mois bos momentos tamén. Porque a vida é así.
:)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio