Rotóndolas e enxendros
Foi chegar a Vilaguindastre e admirar os novos adornos postos polo concello.
Un é un artefacto que non se sabe para que serve pero chéirame a min que ten que ver coa fabricación de baldosas e así unha rotonda pequena pasa a ser unha señora rotóndola que non sei canto vai durar ata que se esnafre alguén contra ela.
Cerca de alí, na nova variante do camiño portugués, hai un enxendro formado por unha frecha de pedra, un semicírculo, unha esfera ( os tres enriba dunha columna de pedra ) e un arco de trunfo. Para admirar o enxendro ou sentarse a matinar para que serve puxeron dúas mesas a pleno sol para que non botes muito tempo alí.
Retratei estas dúas obras de arte de Vilaguindastre antes de que veñan os vándalos e gocen co elas.
Etiquetas: vilaguindastre IV
2 comentarios:
O segundo enxendro ten pinta de ser para mirarse dende un punto determinado e formar unha figura (un ollo?). En calquera caso non puiden evitar compartir esta pàxina que descubrín hai pouco e que tanto me fixo rir www.satanismylord.com/
Un saudiño
pois encantoume o ton deste post :)
mira, a min a primeira foto pareceme impresionante. Impresiona. E ir co coche atopar iso. non digas. Impresiona si ou non?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio