leoeosseus

domingo, 26 de outubro de 2014

Cuadraxésimo mes ( e máis dous días )


E aí che está a xoubiña gozando desta semana de verán que non tivemos en xullo.
Parece que medrou en todos os aspectos: come millor, non chora tanto de capricho e vai de bo gusto ao cole e a inglés. Á piscina non vai con alegría pero sae contenta.
Segue querendo explicar todo o que fai e ser o foco de atención coa súa voz alta e a súa teima de que é maior e "  ayer era pequeña ". Ten xenio e algunhas cousas simpáticas coma hoxe cando tirou uns papeis no chan e díxenlle que os recollese e dixo " No me interesa ".
Gústalle pintar, cortar papeis coa tesoura collida de xeito raro, mirar a tele na mecedora e atar monecos. Pide pis e caca sempre e hai veces que vai soa ao baño. Sabe calzarse, abotoarse e vestir bastante roupa.Ten medo a todo becho dende formigas e moscas a cans e gatos e leva golpes e caídas abondos pero sanda co " sana,sana, culito de rana ".
E así vai.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 26/10/14, 18:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Uma maravilha amigo. São tão engraçados com as suas descobertas.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 27/10/14, 17:33 , Blogger Voz en off dixo...

Hai que aproveitar cada raio de sol deste outonoverán!

 
Ás 27/10/14, 20:12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ogallá nos pase a nós o da xoubiña coa piscina cando nos toque ir votar...

 
Ás 27/10/14, 23:36 , Blogger Cuspedepita dixo...

E vai moi ben, que está preciosa. E polo que leo moi graciosa tamén. Gustoume o de "non me interesa " jajaja

Apertas

 
Ás 10/11/14, 00:34 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a nena sempre foi linda, pero a medida que medra vaise poñendo requetelinda.

(pásame coma a ela, que non son fan da auga)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio