Cuadraxésimo primeiro mes ( e mais un día )
Estamos no día dos lazos lilas e Xela está moneando á miña beira. É unha nena mui lista e de carácter forte, competitiva e mecosa. Vive da tele e dos batidos de cacao " de vaca " di ela porque saen debuxadas unhas vacas. Quere todos os xoguetes que saen anunciados na tele. Non lle gusta calzarse para saír pero logo son carreiras para acender as luces da escaleira ela primeira. Tamén nos quere dar sustos cando baixamos e se pon debaixo do balcón do primeiro. Segue coa cantinela de que é maior e xa pensa no seu cuarto aniversario cando aínda quedan sete meses. Cando dixen que vivía da tele esaxerei porque tamén lle gusta debuxar e facer as súas letras na pizarra branca. E agora que temos o Belén montado as figuras non paran quietas. E coa árbore de Nadal apaga as luces da sala e ponse a bailar pensando que é a festa do seu aniversario.
E o tempo segue o seu percorrido.
Etiquetas: xela IV
4 comentarios:
Esta época é uma alegria para as crianças.
Um abraço
Como pasa o tempo! Xa sei que é un tópico pero non o podo evitar.
Pois a verdade é que , como pasa o tempo... Parece que foi onte cando comecei a ver o blog e a Lela era bebeciña!
que soñadora a Xela!, soña co aniversario, baila... quere ser maior... Que lenta nos pasa a vida cando somos nenos. E non me estraña, cada día está cheo de novos descubrimentos, todo a estrear.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio