leoeosseus

xoves, 20 de novembro de 2014

Saúde


No momento do taco no choio falamos de varios temas. Hoxe falamos da morte, non a dunha duquesa; senón dun rapaz que se aforcou con vintesete anos. Outro tema non foi a morte senón a saúde que empezaron a repartir os resultados da revisión médica. Nela eu teño sobrepeso, colesterol e GGT que non sei que é. Non sei se será ou non será, porque á oficinista dixéronlle que estaba grávida de 26 semanas e non é o caso.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 20/11/14, 23:52 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teño un amigo que di que el non ten nin colesterol alto nin triglicéritos nin nada de nada. Que a culpa de andar mal de algo é toda nosa. Por mirarnos!

(Díxome a miña médica que para controlar a GGT, había que esquecerse do queixo, do viño e de mirar ás mulleres. Como non se lles pode facer caso en todo aos médicos...adeus queixiños e ata logo viños!!!)

 
Ás 21/11/14, 00:07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

GGT ou Gama glutamil transpeptidase, é uma análise para a função hepática. Pode ser feita como despiste de doenças no figado, ou em doentes que já tem doença, para controle. Exemplificando. Meu marido tem várias crises de paludismo em África que lhe provocaram uma esteatose crónica.
Tem que fazer essa análise 2x por ano para controle.
Cuide-se para que o colesterol baixe.
Peso a mais e colesterol alto é como andar com uma bomba no bolso.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 22/11/14, 00:02 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Home non te preocupes. Nunha revisión ou ITV de rutina dixeronme que tiña que baixar o colesterol mau, a menos de setenta. Creo que algún laboratório necesita facturar mais.

 
Ás 05/12/14, 14:29 , Blogger Paz Zeltia dixo...

deixasme pampa con da gravidez.
eu, sendo ti, repetería as probas analíticas noutro laboratorio que non deixase preñadas ás oficinistas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio