leoeosseus

Monday, 29 December 2014

Belén vivinte de Couso

 
Mirei de casualidade un cartaz anunciando un Belén vivinte e alá fomos onte.
Tratábase dun roteiro duns dous quilómetros que comezaba nuns muiños e logo cruzaba polo medio da parroquia. De cando en vez aparecía xente facendo un oficio ou mostrando algunha actividade.
De primeiro apareceu o labrego que estaba no muiño durmindo no medio dos follatos e preguntando pola muller.
Pasamos por un muiñeiro que estaba moendo de verdade e por outro muiño onde un veciño facía que amañaba a mó cun pico. Mais adiante estaba un home con abellas e utensilios para a apicultura.
Como estabamos nun río non faltaba un pescador.




Máis adiante tiña que haber un cazador pero puxeron unha funda atada a un piñeiro cunha escopeta de madeira que mais espantaba a caza que cazaba.
Logo escuitamos unhas queixas duns leprosos que pedían augardente para curar as feridas. Para min que eran os actores que millor o pasaban de todos os veciños.

 
Non podían faltar os leñadores que mais ben eran rachadores de leña que fendían os toros dun so machadazo para abraio de Leo.
 
 

Polo medio das casas pasamos por unhas leiteiras e á beira delas estaba o ferrador co pochinco que xa estaba aburrido de que lle levantase a pata.




Pasamos por un zoqueiro e uns alfareiros e alí había un canastro que debía ser de dous irmáns: home rico e home pobre.
Noutra casa había un cesteiro e dende alí podía verse o castelo de Herodes que non era outra cousa que a casa dun veciño cun amago de torreón e unhas figuras de soldados romanos.

 
Tamén puidemos entrar nunha casa vella, vella, que tiña ese cuarto de baño da foto cos casulos que servían para limpar as pousadeiras... e Leo preguntando pola tele !.
 
 
 
Dentro había duas mulleres cun neno e non puiden evitar fotografar á muller co neno nesa cociña cun pote nunha trepia.
 
 

 
Camiño da casa do carpinteiro había un rapaz e a súa avoa que non eran actores pero que ben valían unha fotografía.
 



 
Chegamos a ver un artista do cristal e un escriba pero entrou a fame.
Para min que a organización se viu desborbada con tanta xente. Só se podía comer no mercado de produtos ecolóxicos onde malamente mercamos tortilla, empanadillas, pan e pizza. De pór un fallo neste Belén poríallo a este detalle.
O Leo non se atopaba ben así que marchamos e non acabamos o roteiro e non chegamos a ver o pesebre nin os Reis Magos.
Para rematar o domingo á tarde fomos á actuación de Magín Blanco en Vigo co teatro concerto  " A nena e o grilo nun barquiño" .

Labels:

6 Comments:

At 30/12/2014, 10:56 , Blogger Elvira Carvalho said...

Bonitas imagens.
O ano está a terminar, e passei para agradecer a companhia na caminhada difícil que foi este ano de 2014, e desejar que 2015 seja um bom ano, não só para mim e todos os meus amigos, mas também para a humanidade em geral.
Um abraço amigo e até para o ano, se Deus quiser.

 
At 30/12/2014, 19:54 , Blogger Peke said...

Mágoa que o Leo cansase, pero non me estraña nadiña. :)

 
At 31/12/2014, 20:02 , Blogger Kaplan said...

Que o próximo sexa un excelente ano (e que o sigamos lendo desde aquí). Unha forte aperta

 
At 01/01/2015, 19:45 , Blogger Chousa da Alcandra said...

A situación do canastro é ben fodida. Moi pouco coidamos o noso patrimonio, carallo!.
En fin, que hoxe viña a desexar todas as ledicias para este 2015.
Apertísimas

 
At 01/01/2015, 20:20 , Blogger Raposo said...

Non eran parvos eses leprosos, non.
Feliz 2015!!

 
At 11/01/2015, 23:48 , Blogger Zeltia said...

pois a idea dese Belen paréceme moi interesante e nunca escoitara nada igual...
a ver se para o ano o repiten, mellorando a intendencia :)
e que o Leo non se canse, que se non volvemos quedar sen a foto do pesebre, que semella que ía estar moi moi ben.

Daquí alá que todo vos vaia bonito.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home