Cuadraxésimo segundo mes ( e mais tres días )
Xela fixo os tres anos e medio con mocos e tos pero sen perder a súa vitalidade. Aplaude e canta tanto na actuación dos " Tres Porquiños " como na de " Xiqui, xoque " e nos agasallos do Nadal tanto quería os seus coma os de Leo ( menos os libros ).
A fervellica ponnos a andar a todos coas súas peticións e a súa voz potente. Con Leo lévase ben anque pelexan polas cousas e ela chívase cando Leo di ou fai algo malo.
No asunto da alimentación segue case igual: comendo pouco. Na hora de durmir vai ela polo seu gusto á cama. Cun par de contos que lle lean xa dorme pero no medio da noite sempre vai para a cama grande.
É inquieta e xoga con muitas cousas pero o de pintar, esconder cousas e atar é o que máis lle presta.
Ímola virando !.
Etiquetas: xela IV
3 comentarios:
Parabéns para ela e para vós.
pois comerá pouco, pero cara bonita e saudable ten!
canto medraron os nenos!
biquiños
(Aldabra)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio