leoeosseus

sábado, 24 de xaneiro de 2015

Cuadraxésimo terceiro mes


Que sorriso ten cando posa para unha foto !. Anque logo se aburre e di que non quere máis fotos. Prefire xogar a calquera cousa e chama por min para que faga de personaxe nunha historia de monecos. Tamén quere voar e que lle faga tiligas. Mirar a tele, xogar coas maquinitas e pintar mentres Leo fai os deberes tamén entran na súa rotina. Ten xenio e así recibimos unha nota da súa profe Cristina dicindo que non quixo vestir o mandilón e tiveron que castigala. Fala muito e quere que lle fagan caso. Cecea un pouco. Hai algunha pronuncia especial: di con " J " suave " fue " e tamén di " cuedo " por " puedo "  e " descués " por " después ". Tamén ten a palabra especial " fútbolt " tal como soa. E unha expresión típica dela é: " Mira como si ". Agora xa non me corrixe e ata repite o que lle digo en galego e conta do un ao dez en galego.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 25/01/15, 01:14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Dizem-me as amigas com netinhas que por norma elas não gostam de tirar fotos. A minha neta não pode ver uma câmara. Desde muito pequenina que mal vê uma câmara, ela se põe logo em poses. E a danadinha tem um jeito que parece querer seduzir a câmara.
A Xela está cada dia mais bonita.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 25/01/15, 12:55 , Anonymous peke dixo...

Que maior está!

 
Ás 25/01/15, 14:45 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu, coma Xela, tamén quero voar.

 
Ás 27/01/15, 09:07 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que bonita a nena e que bonitas rutinas...

(é un paso adiante que xa non te corrixa. hai que ver a teima que teñen os pequeniños cando o pai ou a nai falan nunha lingua que non escoitan no cole ou na tele... E despois temos que escoitar aos políticos!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio