Feliz 2015
O último día do ano 2014 pasámolo en Arbo. Xogamos dous bingos que gañou o avóM. Comín ben as uvas mentres Leo comía uvas envasadas que lle gustaron tanto que comeu tres botes, ou sexa trinta e seis uvas. En cambio Xela non quixo uvas. A bisavoa Celia tampouco comeu uvas así como a avoaM que non estaba ben. A avoaE, avóM e Naideleo cumpriron tamén co rito das uvas.
Despois fomos á galería a mirar os foguetes que lanzaban os de Cardalama, os do Barriño e os do Pouso. Tocou ir para cama pero os nenos estaban desvelados. Logo apagamos as luces e quedamos durmidos mentres soaban os foguetes en Portugal.
Agardo un feliz 2015 para todos !.
Etiquetas: familia V
4 comentarios:
LENDO O ARTIGO SENTÍN COMO SE ME ESTIVESEN CONTANDO UN CONTO. VOLVÍN Á INFANCIA. GÚSTAME O XEITO EN QUE ESTÁ ESCRITO E O QUE CONTA, MÁXICO.
FELIZ 2015!!!
E así, todos tomamos as uvas convosco. Feliz 2015!
Feliz 2015 para ti e os teus!!
vexo un fin de ano moi familiar, modalidade bingo en vez de "Escoba" ou "parchis" :)
Na casa adoitamos xogar ás "películas" coa mímica. Cantaar co karaoke, cousas así
Pero este ano estiven de enfermeira... inda así preparei unha cea bonita e tomamos as uvas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio