leoeosseus

martes, 20 de xaneiro de 2015

Métodos de aprendizaxe


O Leo tivo que aprender os continentes e océanos e definicións de mapas e planos e costoulle abondo. Debuxeille os continentes e océanos nun globo e algo lle entrou e serviu o método de aprendizaxe.
Hai unha chea de anos estaba eu na universidade e eramos uns tolos a maioría de nós. Había un tal Francisco ou Antonio ( ese dato caiu da barca da miña memoria no mar do Esquecemento que nos arrodea ) bastante festeiro. Apuntábase a toda canta festa e movida houbese e non paraba de leriar con todo o mundo. O malo foi que chegou a época dos exames e non tiña xeito de pórse ao choio. Entón que fixo ?. Oiu que con anfetaminas estás esperto e adicándote por enteiro a unha actividade. Púxose de noite a estudar e mandoulle un par de anfetas nese momento. Notou que a mesa estaba sucia e púxose a limpala. Decatouse de que o chan non estaba millor así que o varreu e fregou. Logo abriu armarios e gavetas e arrombou roupa e ata se puxo a pranchar; cousa que nunca fixera na súa vida !. E así botou toda a noite: buscando cousas para limpar e axeitar e, ao final, de estudar nada de nada.
Así que iso: hai que ter ollo cos métodos de aprendizaxe.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 22/01/15, 15:22 , Blogger Paz Zeltia dixo...

hahaha non sei se tomar eu un par para limpar a miña casa...!

(lembro que o dos mapas e a súa relación coa realidade tamén me costou a min bastante)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio