Propósitos e despropósitos
Empeza o ano e aparecen os propósitos. Eu non fixen ningún pero o día primeiro botamos unha camiñada longa por Arbo. Non foi suar como a rapaza que topamos a correr onde rematan as casas pero chegoulle. Iso si, topamos algún despropósito.
A casa matriculada non sei polo que.
O xardín cunha escultura traída de sabe Deus onde. Non me semella mui asisado mostrar unha escultura así aos ollos de todo o mundo.
Pola contra, sería un bo propósito pegar unhas gallopadas cun cabalo desta feitura.
E, voltando aos despropósitos, estaría ben tirar dun couce ese portalón cun escudo dun equipo futboleiro.
Nada, que non teño propósitos en concreto para este ano. Bueno, si: seguir publicando este blogo.
Etiquetas: arbo III
3 comentarios:
Preto da miña casa hai un murete pintado desas cores, porque o dono estaba farto de que os fitipaldis llo tirasen chocando con el. Agora, cando menos, cando entran na curva, ven as pinturas e frean un chisco.
Está ben pintalo así pero chantarlle un escudo dun equipo de fútbol no medio e medio...
un paseo moi interesante... e sorprendente!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio