leoeosseus

martes, 24 de febreiro de 2015

Cuadraxésimo cuarto mes


Hoxe coincide co 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro que nos lembra Google.

Xela é lista e así aprende sociais á par de Leo e queda coa copla dos planetas e as estrelas. Xogan xuntos a facer festas de cumpreanos dos monecos e xogan ás sillas co eles e ao escondite inglés. Xela segue gozando coa tele con Peppa Pig e outras series. Tamén lle gustan os xogos da wii de Mario Bros e Donkey Kong. Escribe letras na pizarra e corta papeis coas tesouras agarradas ao seu xeito e hoxe cortou " tirámides " ( pirámides ). Segue confundindo consoantes iniciais e así " fuego " e " juego " son " juego " para ela.
No comer segue aproveitando o aire ao máximo e é unha tola dos batidos de vaca de vainilla e o bocadillo de Nocilla con chocolate ( de Nocilla soa, vamos ).
Ten medo da chuvia, o vento e os tronos pero vaise afacendo ( non lle queda outra ! ).
E alá vai ela evolucionando coma un foguete.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 24/02/15, 20:52 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Cada dia mais bonita. O tempo passa tão rápido, qualquer dia está a entrar na escola a sério.
Um abraço

 
Ás 25/02/15, 11:53 , Anonymous peke dixo...


dentro de nada cómeche as papas.

 
Ás 09/03/15, 13:07 , Blogger Paz Zeltia dixo...

coma un foguete! (a capacidade que teñen de meter coñecemento nese mioliños recén nacidos)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio