Falando de barcos
O outro día un zamorano preguntoume se lle falaba a Xela en galego. Ante a miña resposta afirmativa respondeume cun: " Claro, no le vas a hablar en italiano".
E niso estou, luitando contra corrente e con pouco éxito pero é a miña teima e sigo nela.
E así amplío ligazóns galegas e atopo páxinas para min interesantes grazas a buscar o significado da frase: " Tal para cal, maragota e media ".
E como non todo vai ser galego preguntoume Leo sobre a orixe do nome do noso planeta e eu non sabía a resposta. Preguntei ao señor Google e topei unha resposta que me convence.
E, como estou falando de barcos, poño unha foto do Alfageme que foi pousar nunha rotonda de Coia en Vigo.
Etiquetas: curiosidades XII, interrede VII, lingua IX
3 comentarios:
Moi interesante a páxina de fraseoloxía.
A xente de fóra, coma o teu amigo zamorano, sorpréndenos coa súa falta de prexuízos lingüísticos, porque non foron educados contra o galego. Para eles, é a nosa lingua, sen máis.
Os barcos son para o mar, non para as rotondas.
Bo post! Saúdos :)
Pois séguelles a falar galego, que neles está o futuro... pois se as novas xeracións non o falan a ver que vai ser da lingua nai!
Moito ánimo ...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio