A canicouva e outras porcalladas
Vai rematar esta semana laboral e eu rematarei ás sete da mañá do sábado metido na canicouva da foto limpando a estrumeira que caia aí.
Canicouva chámalle un compañeiro a este sitio cando entra no seu turno e me atopa aí metido. Para min que será como a cova dun can anque para outra xente cambia o significado e noutras fontes tamén varía o significado e a grafía.
Nesta semana tamén oín da boca dunha caixeira do Froiz a frase " Cousa ghabada, cousa caghada " falando da primeira empanada que fixo unha compañeira. Atopei o refrán aquí e aquí na interrede.
E, seguindo con porcalladas varias, vou contar un chiste que contaron no choio.
Ían dous madrileños de paseo por un parque de Madrid e miran un home cagando nunha esquina. Entón dille un ao outro: " Si ahora acaba y mira para la cagada es gallego ". E, meu dito meu feito, o home rematou a faena e botoulle unha ollada rápida á obra. Os madrileños riron para eles e animáronse a preguntarlle por que facía iso e así seguir rindo coa resposta. O galego ante a pregunta tonta dixo: " Estaba a mirar a cantidade de merda. Para min solo é muita, para nolos tres é pouca pero para volos dous é a xusta. "
Etiquetas: lingua IX, traballo IV
2 comentarios:
Muito boa a anedota.
Quanto ao ditado, "Coisa Gabada Coisa Cagada" é bem conhecido dos portugueses, por ser bastante usado por nós.
Um abraço e bom fim de semana
lin este post o outro día, na miña aldea, a onde fun disfrutar do sol e de ver o cambio paseniño que se vai operando camiño do cambio de estación... e esribira aquí algunha parvada sobre o chiste que me fixo rir.
(Ogallá tivera eu esa rapidez de acertadas respostas)
pero non sei onde foi parar. Ás veces cando escribo dende o teléfono, pérdese camiño do satélite.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio