leoeosseus

venres, 20 de marzo de 2015

Eclipses



Esta mañá o sol lucía deste xeito detrás dunha nube a iso das nove e media. Sería este un eclipse nubeiro porque despois non puiden mirar para el que non tiña protección para a vista. Iso si, notouse una luz apagada no ambiente, silencio e un frescor esaxerado. Logo o sol recuperou a forza e puidemos gozar dun triple cumpreanos con comida no exterior.
O tío Nesi mirou o eclipse montando lentes dunhas gafas de sol para ciclista e así fixen esta foto de como miraría el o sol cando foi o eclipse, sen o eclipse, claro; que foi muitas horas máis tarde.
E hoxe habería outro eclipse que sería o do ordenador que fixo " puff " e apagouse por completo.
Só espero que teña solución.





Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 21/03/15, 22:08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui na minha zona, o céu estava tão nublado que o sol eclipsou-se até meio da tarde. Mas houve cidades onde foi visível.
Um abraço e bom domingo

 
Ás 23/03/15, 21:33 , Blogger Raposo dixo...

O eclipse non se debeu notar moito. Eu nin me decatei.

 
Ás 24/03/15, 15:05 , Blogger paideleo dixo...

O ordenador morreu.
Non sei cando terei outro.

 
Ás 24/03/15, 19:19 , Blogger Peke dixo...

Caghiná o do ordenador. Vaia mal rollo!

 
Ás 22/04/15, 11:45 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah,´o día do exlipse! ía ir con xente que coñezo, moi fan desas cousas, para contemplalo nun lugar despexado. Pero á mañá vin que estaba con nubes e volvín para a cama.
A miña enerxía física non sempre acompaña a miña curiosidade.

Sinto o do ordenador, pero como sigues posteando, supoño que verei pronto que cho arranxaron ou mercaches outro!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio