Libros e ITV
Hoxe o coche vello pasou a ITV e vou lembrar a data para o ano que vén porque coincide co día do libro. No cole dos nenos trocaban libros por cartóns de leite e fun con dous cartóns e vin de volta con eles porque os nenos non quixeron libros: querían liscar do cole.
Eu lin no parque un libriño en francés sobre unha cidade que se defende do avance das areas do deserto cos seus habitantes varrendo e paleando a area fóra da cidade. Antes a cidade estaba rodeada de auga como reflexa o mapa que teñen na escola os habitantes de Ygg pero agora a auga desaparece misteriosamente.
E así foi este día.
Etiquetas: lecturas I
2 comentarios:
Muito interessante. Ontem eu libertei um livro num parque mas infelizmente não consegui ver quem o levou.
Um abraço
Nós fixemos a xuntanza do club de lectura e comentamos un libro titulado "Mendel el de los libros". Moi agradable.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio