Nesta Semana Santa
O mércores comezou cun paseo suave polo paseo do río de Tui. Facía calor e os nenos gozaron cos xeados, a tirolina e o tobogán novos.
O venres fomos ata Allariz. Onde atenderon no xantar a velocidade alaricana e botamos case todo o tempo no restaurante á beira do río.
Había cartaces simpáticos para concienciar á xente sobre a recollida das deposicións caninas.
Na praza do concello había un feixe de xogos feitos de madeira polo tal Cedric, como indica o cartel.
Subimos ao alto do Castelo e pouco máis fixemos que tiñamos reservado un catamarán nos canóns do Sil. O catamarán foi un engano xa que nos cobraron una chea de cartos por un barco pequeno con pouca visibilidade para facer fotos e desfrutar da paisaxe. Dende logo que impresionan máis os canóns e a paisaxe dende arriba que dende o barco.
Que conste aquí para que non te enganen.
Etiquetas: viaxes III
3 comentarios:
Bo xeito de pasar a finde. Agás o engano, claro.
Pois sinto por tí o do catamarán, pero eu case me alegro de lercho, que me quedara a min unha espiñiña de non ter ido nel a vez que andiven case unha semaniña pola Ribeira Sacra...
Había outro catamarán máis grande da mesma empresa pero é unha lotaría que che toque. Aínda así o prezo é esaxerado.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio