As armas do PPoder
O equipo gobernante en Vilaguindastre ten os medios e a cara para pendurar carteis en sitios altos e así empoléiranos a farolas e postes e empregan máis sitios que, ao final, non lles dá boa propaganda. Porque iso de colgar carteis en edificios inacabados pola crise, ou edificios ilegais en proceso xudicial ou naves que se alugan por unha tempada e pecha o negocio...Pois que non dá boa sensación.
Outra arma que teñen é a motor e dunha especie case descoñecida de aparello que só sae uns días antes das eleccións e que varre sobre o varrido e revarrido anteriormente polas brigadas fosforitas infladas de persoal a última hora polo concello.
Pero a arma máis poderosa é a palabra por altofalante dende os coches que prodigan aos catro ventos os logros do concello expresados en correcto español. Un deses logros tan importantes e difíciles de conseguir é: - " Por gozar en Porriño de un fin de año propio. "
En fin, contra estas armas case millor será se render un.
Etiquetas: vilaguindastre IV
1 comentarios:
Esméranse moitísimo nestes días. E parece que non importa moito que se fale ben ou mal deles; a cousa é que se fale.
Xa di un veciño meu (que se adica á política...) que eles traballan quince días cada catro anos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio