leoeosseus

luns, 25 de maio de 2015

Cuadraxésimo séptimo mes ( e máis un día )


Aquí sae retratada a nena facendo unha das cousas que máis lle prestan: comer un xelado.
Xela está nunha época de reafirmación do seu  " eu " e así quere facer as cousas por ela mesma e ao seu ritmo. O malo é cando non quere vestir ou calzar algo e temos présa. Tampouco permite que se burlen dela nin o irmán nin o curmán.
Polo resto todo vai ben: aprende rapidamente ( hai que ver como millorou a letra !), busca para xogar ( anque ten mal perder ) e pinta mui ben. Tamén  lle gusta aprender cousas en galego e en inglés. Está enamorada da canción " Let it go " de Frozen e non cansa de escuitala unha e outra vez e xa a sabe bastante. Á hora de durmir gústalle que lle lean contos deses con xaneliñas e, iso si, xa volve durmir na cama grande conosco.
Agora vou cheirar a ver quen gañou en Vilaguindastre.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 29/05/15, 20:38 , Anonymous peke dixo...

Como pasa o tempo. Hai nada era unha miñoquiña que case non se vaía de seu. E mira ti.

 
Ás 29/05/15, 20:39 , Anonymous peke dixo...

Eu non escribín iso: Hai nada era unha miñoquiña que non se valía de seu. E mira ti.

 
Ás 29/05/15, 20:40 , Anonymous peke dixo...

Isto é alucinante. Corríxeme e, por riba, mal!!!!!!!

 
Ás 11/06/15, 10:09 , Blogger Paz Zeltia dixo...

os catro anos, para os que xa non lle queda nada, é unha edade que dan unha viraxe no carácter bastante sorprendente: asoman la patita por debajo de la puerta. Quero dicir que xa se lles ve moito do seu carácter que os vai acompañar.

Sempre fago un lío con "carácter" e "personalidade" que non é o mesmo.

Pero mira que linda, con ese xelado, que é dos que me gustan a min...!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio