leoeosseus

mércores, 13 de maio de 2015

Os cheiros das eleccións



Nas eleccións hai tres cheiros predominantes. O máis extendido e forte é o cheiro a piche: aquí e acolá andan a parchear ou a empichar pistas e corredoiras ...e muitas veces sen pedilo os vecinos !.
Outro cheiro é o do gasoil das cortacéspedes que anda a cen o persoal reflectante encarregado de xardíns. E outro cheiro que se prodiga anque menos é o da pintura e así apareceron as gaiolas dos paxariños do parque da feira co eses coloríns tan rechamantes e molóns. O que non sei é o que pasou cos paxaros das gaiolas; non sei se morrerían co cheiro ou están noutro lugar mentres non seca a pintura.
E aínda queda outro cheiro que é o da paparotada que non sei por onde cairá e cando pero seguro que hai.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 13/05/15, 01:06 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Em tempo de eleições, por aqui também é assim.
Um abraço e fique bem

 
Ás 13/05/15, 08:52 , Blogger Tartaruga dixo...

O que máis rabia dá é que teñamos asumido que é así, por aquí adicámonos a chamar cada dous días con cousas que hai anos que hai que facer.
Agora que está todo tan cortadiño todo e ata con máquinas desas de exercicios teremos que agardar outros catro anos para volver usalas, cando volvan cortar os toxos.
Eu pido eleccións cada dous meses!

 
Ás 13/05/15, 20:02 , Anonymous peke dixo...

Aquí tamén cheira, pero o peor é a contaminación acústica dos altofalantes. Estou desexando que remate a maldita campaña! Total, para o que serve...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio