leoeosseus

venres, 1 de maio de 2015

Pensando nos traballadores

 
 
 
Que mágoa este tempo chuviñento !.
O concello pensaba no lecer dos traballadores para celebrar esta fin de semana en Vilaguindastre. Como non temos praia por estas terras unha boísima idea é traer uns camionciños de area, extendela e organizar un campionato de volley praia. Seica estamos en tempos de fartura e non chegaba coa solución barata de fletar un par de autobuses á praia para a xente que tivese " mono " do verán e quixese xogar coa area.
Este tempo aguou a festa ( nunca millor dito ) e aí quedou a area para outra ocasión.


Unha idea sería aproveitar esa area e facer masa para tapar eses " pequenos " buracos no pabillón de deportes por onde entra a chuvia maldita. Entra auga por varios sitios e é tanta que dá  para encher varias piscinas. Se amplías a foto podes ver canecos xeitosos tamaño piscina ao fondo á esquerda.
Pero, claro, esta idea non é tan chupiguaimolona coma a do campo de volley praia.
En fin.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 03/05/15, 20:29 , Anonymous peke dixo...

Os que pensan, ás veces, fano cos pés. E que eu saiba, eses non teñen cerebro.

 
Ás 21/05/15, 13:16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o deterioro veno os de fóra se o contades uns cantos, pero o campo veríao toda a xente e diriamos a coro: ai que boa idea!

a túa de levar a xente en buses á praia que sería máis económica e moito máis divertida, non se me ocorría a min. Estáseme atrofiando o cerebro. (será contaxioso? nós aquí, na cidade de cristal che, temos o chan cheo de toupas, furados por todas partes, un día afundimos)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio