Praia e pedros
Onte fixo un bo día de praia así que nos acercamos a Cesantes. Facía aire pero os nenos gozaron da area e da auga de todas formas. Eu retratei a praia e os nenos dende distintas perspectivas e lembrei a broma que lle fai un compañeiro a alguén novo que entre na fábrica ( cousa que ocorre cada vez con menos frecuencia ). El di que vén á praia coa muller e espera a última hora para baixar o coche onda o mar. Logo a muller enxabrona o coche e el colle o caldeiro de xogaren os nenos na praia e vai botando auga para enxaugar o coche. Os novos compañeiros quedan coa boca aberta e dinlle que así o coche se oxida pero o meu compañeiro di que non, que vai secando polo camino e non pasa nada.
Cando volviamos da praia topei" pedros " cerca da casa e máis adiante adiantei aos responsables deses " pedros " que non eran outros que uns cabalos.
Tes que saber que por Salceda de Caselas chámanlle " pedros " ás deposicións dos cabalos. E esta palabra ía ben naquel posteo de hai tempo onde falaba destes temas escatolóxicos.
Esta é a miña contribución para o día das Letras Galegas 2015.
Que o pases ben !.
Etiquetas: lingua IX, traballo IV
3 comentarios:
E é o dia Mundial das comunicações.
Um abraço e bom Domingo
primeira vez que escoito "pedros"..."
E chamándote ti Pedro... xa che te amolará hahaha
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio