leoeosseus

domingo, 31 de maio de 2015

San Fernando



San Fernando, pulgas á xente e moscas ao gando.



Di o refrán que empeza o verán hoxe pero xa leva uns días aquí.


E Redondela non é Vilaguindastre así que en troques de rallies e fútboles na area fan a mostra de títeres e demáis artistas. E así topamos monos xigantes, Beatles tamaño moneco, facedoras de pompas, mimos Gandhi e pelegrín a Santiago, orquestras montadas en arteluxios sorprendentes, mercadiño, futuras mamás que pintan a Xela de gata, vendedoras pucelanas que nos deixan fotografar os seus monicreques que despide tristemente cando os vende e milleiros de persoas gozando da arte da rúa.
Un aplauso para os Choqueiros !.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 11/06/15, 10:19 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Canta vida nos pobos, encántame ler isto.

E así acabou o mes de maio,
30 de maio san fernando.

que o verán nos sexa propicio, logo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio