Cuadraxésimo noveno mes ( e mais un día )
A xoubiña vai ter que mudar de nome e chamarse a chinchiña que só fai comer chinchos. A Xela é a raíña dos chinchos e do colo que quere estar no colo sen lle importar de quen. Gústalle a praia e xogar coa area e a auga. Non anda pero se lle botas unha carreira na area apúntase. No comer aparte dos chinchos segue enganchada ao sanduiche de Nocilla, aos batidos e ao xelado de Haribo. Na forma de ser segue sendo teimuda e ata fai un quebracabezas dun dinosaurio que non sei facer eu. Non lle gusta perder a nada e non lle gusta que a chinchen pero ela é a primeira en chinchar e pegar que ten a man levantada.
Pero tamén ten momentos mecosos e cariñosos que che fan perdoala nesta guerra de tratos e cesións entre pais e fillos.
Etiquetas: xela IV
5 comentarios:
Está feita unha preciosa mociña.
O verán é un paraíso para todos, pero para os nenos aínda máis!!!!
Verão, calor e praia são a alegria de todas as crianças.
Um abraço e uma óptima semana
Se lle gustan os chinchos é normal que tamén lle guste chinchar...jajajaja
Por certo, tamén lle podedes chamar xureliña.
Apertas de verán
E non lle vas perdoar con esa cariña... ademáis que está afirmando a súa personalidade, vese que non é persoa de baixala cabeza, se non con iniciativa e muller de acción!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio